Vilalba Aberta comprométese coas demandas da veciñanza de Árbol nunha nova xuntanza da nosa “rede de parroquias”

O noso voceiro municipal, Modesto Renda, e a responsable de organización de VA, Mónica González, achegáronse a Árbol co obxectivo de escoitar e recoller de primeira man as necesidades da parroquia. Na xuntanza, a décima xa dende que dera inicio á iniciativa “Rede de Parroquias”, o noso Grupo Municipal comprometeuse coa veciñanza presente na necesidade…

Vilalba Aberta continuará este venres en Árbol as súas xuntanzas parroquia a parroquia

Vilalba Aberta prosigue seu proceso de escoita no rural vilalbés. Así, e despois das xuntanzas en Santaballa, Nete, Ladra, Oleiros, Carballido, Corbelle, Belesar, San Simón e Lanzós, o noso Grupo Municipal achegarase a Árbol co fin de celebrar que será a décima parada da nosa concorrida “Rede de Parroquias”. Á reunión, fixada para este venres…

Vilalba Aberta propuxo no que vai de ano o arranxo de 35 pistas en 15 parroquias sen resposta algunha do goberno

As demandas das parroquias volven centrar o traballo de oposición de Vilalba Aberta. Logo das múltiples queixas recibidas en relación co estado no que se atopan as diferentes pistas da rede viaria municipal, o noso voceiro, Modesto Renda, volveu reclamar do goberno do PSOE a posta en marcha dun Plan de Vías para o rural. …

Vilalba Aberta continúa este venres en Lanzós as súas xuntanzas parroquia a parroquia

Vilalba Aberta segue volcada na súa iniciativa “Rede de Parroquias”. Retomada hai dous meses logo de aprazarse pola Covid19, trátase dunha serie de encontros “parroquia a parroquia” deseñados co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural e incorporalas, logo, á axenda política da corporación. Así, e despois das oito primeiras…

Vilalba Aberta levará a pleno o arranxo de tres pistas en Goiriz e volve esixir un Plan de Vías para as parroquias

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades das parroquias. Logo dunha reunión con varios veciños de Goiriz, o noso Grupo Municipal vén de anunciar o rexistro dunha nova iniciativa demandando o arranxo das pistas que comunican os barrios de Graduín e Fabás con Corbelle; o de Gomariz coas Touzas e o da Mámoa coa…

Vilalba Aberta prosigue este xoves en San Simón as súas xuntanzas parroquia a parroquia

Vilalba Aberta dará continuidade este xoves á súa pioneira iniciativa “Rede de Parroquias”. Retomada o mes pasado en Belesar logo de ser aprazada polo impacto da sexta onda da Covid, estamos a falar dunha serie de encontros “parroquia a parroquia” cos que pretendemos coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural e incorporalas,…

Vilalba Aberta levará a pleno o arranxo de varias pistas en Carballido e volve urxir ao PSOE a “actuar”

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades do rural. Logo dunha visita a Carballido, o noso Grupo Municipal vén de anunciar o rexistro dunha nova iniciativa demandando o arranxo de varios viais de titularidade municipal na parroquia. Advirten do mal estado de pistas como as do Lugar da Pedreira, Lamelas e Pena Grande e…

Vilalba Aberta denuncia o “lamentable estado” da rede viaria en Vilapedre e urxe ao goberno a “actuar”

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades do rural. Logo dunha visita a Vilapedre, o noso Grupo Municipal vén de anunciar o rexistro dunha nova iniciativa demandando o arranxo de varios viais de titularidade municipal na parroquia. Denunciamos o deplorable estado de pistas fundamentais para a veciñanza como a que une os barrios do…