Dende Vilalba Aberta e coma parte dun mesmo movemento artellado para a posta en marcha dun proceso de cambio real social e político, pensado por e para a cidadanía; vimos de referendar o noso apoio á candidatura En Marea, de cara ás Eleccións Xerais do vindeiro 20 de decembro.
Un apoio que se concretou coa resposta afirmativa do noso compañeiro e concelleiro Modesto Renda, á proposta de formar parte da candidatura pola circunscripción de Lugo.
Renda, que situou a súa decisión no marco do acordado polo conxunto da asamblea de Vilalba Aberta, mostrouse agradecido pola confianza que dende En Marea puxeron na súa persoa e que na súa opinión, se deriva do recoñecemento ao traballo que, do 24 de Maio en diante, dende asemblea de Vilalba Aberta se está a proxectar.

Neste sentido asegurou que, aínda que súa prioridade é e continuará a ser da transformación do Concello, redobrará esforzos de aquí ao 20 de Decembro co fin de poñer seu gran de area tamén, para a transformación do País en a base ao desexo común de soberanía, igualdade e xustiza.
O 20D imos #EnMarea