Levaremos ao Alcalde á xustiza se non fai entrega do conxunto da documentación en relación á nave de Sancovade

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de presentar unha resolución de urxencia no Concello, coma consecuencia á total ausencia de resposta á solicitude que, hai aproximadamente un mes, esixíamos por rexistro en relación á nave/desguace de Sancovade e na que se requiría por escrito a entrega de todo canto no último ano entrou e…

Levaremos ao Pleno a mellora do firme da Rúa do Lameirón na saída cara a de Ribadeo

Dende a asemblea de Vilalba Aberta trasladaremos ao vindeiro Pleno Ordinario de Marzo as reivindicacións dos veciños/as da Rúa do Lameirón, relativas ás continuadas deficiencias no estado do seu firme. Un calexón, cuxa saída cara a Rúa de Ribadeo padece inverno tras inverno as consecuencias das primeiras augas e a continuada aparición de fochancas producidas…

Esixiremos responsablidades no Concello, logo da venda ambulante de cans na feira do domingo

Dende a asemblea de Vilalba Aberta levaremos ao vindeiro Pleno Ordinario unha solicitude de comparecencia tanto do Alcalde coma da Concelleira de Feiras e Mercados, co fin de depurar responsabilidades logo de termos coñecemento dun episodio de venda ambulante de cans na feira do pasado día 4. Unha denuncia, xunto á cal adxuntaremos a conseguinte…

Propoñemos unha Comisión de Seguimento que controle a redacción do PXOM fronte a parálise dos últimos 15 anos

No pasado Pleno Ordinario de Xaneiro, e coa única abstención de Vilalba Aberta, a Corporación Municipal de Vilalba aceptaba por unha ampla maioría que a empresa encargada da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (Eptisa) lle  cedera ese cometido a outra, logo dun cambio de titularidade que implicaba que os novos responsables decidisen desprenderse…