Vilalba Aberta insta a un acordo entre a Corporación e a Asociación de Criadores co fin de “salvar” a Feira do Capón

Vilalba Aberta sae hoxe ao paso da preocupación existente entre a veciñanza, relativa ao futuro do día grande dun dos nosos produtos estrela, isto é: a celebración da tradicional Feira do Capón. Unha data, outrora marcada con letras de ouro no calendario de veciños e visitantes, e que nos últimos anos está a ser foco…

Vilalba Aberta lanza unha campaña de apoio ao comercio local diante da pasividade dun Goberno Municipal ausente

“Polo noso, consume comercio local.” Ese é o lema da nova campaña en favor do comercio local que vimos de impulsar, coincidindo co comezo da festividade do Nadal. Unha iniciativa, a desenvolver nas redes sociais e a través da pegada de carteis publicitarios en vila e parroquias, coa que pretendemos apoiar as compras na vila…

Vilalba Aberta insta ao Concello a actuar diante do lamentable estado dunha das beirarrúas de Alcalde Fraga Bello

Vilalba Aberta volve facer súa unha nova reivindicación veciñal, neste caso relativa ao deplorable estado dunha das beirarrúas da céntrica Rúa Alcalde Fraga Bello. A denuncia, que chegou á nosa asemblea o xoves da pasada semana, foi xa pertinentemente rexistrada no Concello e será no vindeiro Pleno Ordinario Xaneiro, cando ao Goberno Municipal lle toque…

Denunciamos o “abandono de funcións” do Alcalde e vinculamos a extensión do eucalipto cos ataques de lobo e xabaril

Logo de máis de catro meses de traballo, iniciativas e constante comunicación coa veciñanza afectada, Vilalba aberta continúa coa súa solitaria loita diante do que – logo da celebración do pasado Pleno Ordinario – definimos xa coma un intolerable abandono de funcións do Alcalde, fronte aos continuados ataques de lobo e xabaril no conxunto das…

Vilalba Aberta levará ao Pleno a deficiente iluminación das pistas de atletismo da Madalena

A escasos días da celebración do último Pleno Ordinario, Vilalba Aberta ven de anunciar unha nova iniciativa a defender xa na vindeira sesión de Xaneiro. Unha nova reivindicación veciñal, relativa neste caso ás deficiencias na iluminación das pistas de atletismo da Magdalena. Á problemática, denunciada recentemente pola Escola de Triatlón de Vilalba, súmaselle a que…