Vilalba Aberta levará a pleno a situación laboral das traballadoras da limpeza nos colexios

Vilalba Aberta volve saír ao paso da situación laboral das traballadoras do servizo de limpeza en colexios e instalacións municipais. Logo de censurar a aposta do goberno do PSOE polo “mesmo modelo de xestión privada do PP”; o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova petición de comparecencia tanto da Alcaldesa como do edil…

Vilalba Aberta propón un convenio co IGVS para a cesión das prazas de aparcamento non adxudicadas nas Pedreiras

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario unha iniciativa encamiñada a dar resposta ás demandas da veciñanza, en relación coa necesidade de espazos para o aparcamento no casco urbano. Unha primeira proposta, focalizada na procura de alternativas de estacionamento para os veciños/as residentes da zona vella que, tal e como se apunta dende o noso…

Vilalba Aberta propón un proxecto de permutas voluntarias de terras agrícolas entre particulares

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario unha iniciativa para a reorganización da propiedade rural a través de permutas. A proposta, cuxo obxectivo é o de mellorar a rendibilidade da superficie agrícola do concello, subvencionaría, ademais, ata un 75% dos gastos notariais a aqueles veciños/as aos que, voluntariamente, lles interesara intercambiar as súas fincas. Dende…

Vilalba Aberta levará a pleno a necesidade dunha relación de postos de traballo no Concello

Vilalba Aberta ven facer público o rexistro dunha nova iniciativa de cara ao Pleno Ordinario de Xullo. A proposta, que tal e como explicou diante da prensa o noso Grupo Municipal, ten como obxectivo “rematar cos continuados atrasos administrativos, así como cos que día a día se producen na propia xestión dos servizos prestados polo…