Levaremos ao pleno unha proposta de auditoría para “erguelas alfombras” da xestión municipal

Consideramos inaprazable a posta en marcha dunha avaliación tanto da xestión directa como indirecta que de a coñecer o resultado da xestión dos dous derradeiros alcaldes do Concello. A fiscalización de todos os créditos pendentes de amortización, así coma determinar se houbo débeda con provedores convertida en débeda bancaria, para proceder á realización dun seguimento;…

Reivindicaremos no Concello a posta en marcha dunha liña de axudas para material escolar

O chamado “fondo solidario” e as axudas para a adquisición libros de texto convocadas pola Xunta, non están a impedir as dificultades de moitas familias vilalbesas para acceder ao conxunto do material establecido polos centros. Propoñemos unha axuda en forma de bonos a trocar tan só en establecementos do municipio, a fin de favorecer tamén…

Defenderemos diante o Pleno un uso de aluguer social para as antigas vivendas de profesores

O edificio, situado na Rúa Cuart de Poblet e construído orixinariamente para albergar vivendas de profesores, conta na actualidade con seis vivendas, das cales tan só dúas están habitadas. Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de tomar a iniciativa a fin de que a vindeira titularidade pública do inmoble se concrete nun uso de aluguer…

Solicitaremos o nome dunha rúa para honrar ao Agustín Fernández Paz

Un recoñecemento, sen dúbida, merecido en base á súa importantísima obra literaria, ao seu traballo renovador no eido pedagóxico, á súa loita a prol do noso idioma, así coma polo seu demostrado amor a Vilalba. Dende a asemblea de Vilalba Aberta consideramos acaído facelo coincidir coa retirada do rueiro vilalbés dos apelidos dun dos militares que se ergueron contra…

Presentaremos ante o pleno a nosa proposta de transición cara un urbanismo participativo

Reivindicamos aimplantación por parte do Concello de sistemas de participación cidadá efectiva, tanto presencial como telemática, co fin de coñecer as necesidades dos distintos barrios e parroquias. O sometemento a información pública de toda obra que supere os 100.000 euros, dando publicidade do orzamento e empresas concursantes ou a creación dun Consello Local do Urbanismo,…

Proceso participativo veciñal fronte á aprobación dos Orzamentos Municipais 2016

O procedemento comezará esta tarde coa celebración dunha asemblea aberta informativa e continuará ata mañá a través dun espazo de participación on-line.  Cada un dos inscritos terá acceso á documentación e poderá decidir co seu voto a posición de Vilalba Aberta diante dos mesmos. Dende a asemblea de Vilalba Aberta queremos impulsar un proceso participativo…

Vilalba Aberta diante do escándalo que supón o proceso de aprobación dos Orzamentos

Consideramos unha vergoña que, a menos dunha semana, non dispoñamos aínda da documentación e non se abra un período de emendas á proposta do Goberno Municipal, tal e como acontece noutros Concellos. Dende as nosas canles de comunicación xa se está a falar da planificación de accións coincidido coa celebración da sesión extraordinaria. O conxunto…