Así é o Plan Municipal de Transición Forestal que levará ao Pleno Vilalba Aberta

Existe un consenso xeneralizado entre as diferentes administracións, ao respecto da necesidade de reverter o actual estado de abandono do noso monte. Mais para iso, resulta imprescindible no contexto actual, facelo economicamente rendible para a nosa veciñanza.   CONTEXTO E EXPOSICIÓN DE MOTIVOS   Que un monte coidado é menos vulnerable diante do permanente risco dun incendio,…

Vilalba Aberta denuncia a falta de control municipal ao respecto da reciclaxe dos plásticos do silo

Vilalba Aberta trasladará ao vindeiro e último Pleno Ordinario da lexislatura a problemática relativa ao descontrol municipal na reciclaxe dos plásticos do silo nas parroquias. Unha denuncia, que chega logo de contrastar o noso voceiro e Candidato á Alcaldía, Modesto Renda, o deixamento de funcións do Goberno Municipal, en relación coa situación de incumprimento sistemático…

Vilalba Aberta denuncia o “debate farsa” dos Orzamentos e desmárcase da “trampa na que o Goberno converteu a votación”

Vilalba Aberta desmarcouse da votación dos Orzamentos, celebrada onte en sesión extraordinaria na Casa Consistorial. Precedida dunha acción de protesta á entrada do Pleno na que se puideron ler lemas tales coma “Orzamentos da imposición”, “Transparencia” ou “Desinformación”, a nosa decisión chega logo da nosa denuncia, relativa á intencionada falta de planificación do Goberno Municipal,…

Vilalba Aberta denuncia “opacidade” e “falta de seriedade” no proceso de aprobación dos Orzamentos

As reaccións ao anuncio do Alcalde, relativo á previsión municipal dun Pleno Extraordinario de aprobación dos Orzamentos para esta semana, non se fixeron agardar. E foi de novo Vilalba Aberta, e a través dun comunicación á prensa, a primeira en pronunciarse. Denunciamos a absoluta falta de planificación e criticamos que se pretenda aprobar o instrumento…

Vilalba Aberta acusa a Fomento de xogar coa seguridade dos vilalbeses/as e lamenta o silencio do PP e o PSOE locais

Os veciños/as de Vilalba xa temos unha resposta, en relación ás deficiencias en materia de seguridade viaria na rotonda que une a autovía de Ferrol-Vilalba (AG-64) e A-8, isto é: a coñecida coma “da Grandisca”. Unha realidade – derivada da total ausencia de iluminación – que dende Vilalba Aberta levamos en repetidas ocasións ao Pleno…

Vilalba Aberta levará ao Pleno unha proposta á Xunta, a fin da reelaboración das ordes de axudas por danos de lobo e xabaril

Vilalba Aberta ven de facer pública a súa última iniciativa, a defender no vindeiro e derradeiro Pleno Ordinario da Lexislatura. Unha nova proposta aos grupos con representación municipal, co obxectivo de que a Corporación demande da Xunta de Galicia a reelaboración das ordes tanto de prevención como de axudas aos danos provocados por ataques de…