Vilalba Aberta denuncia o “lamentable estado” da rede viaria en Vilapedre e urxe ao goberno a “actuar”

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades do rural. Logo dunha visita a Vilapedre, o noso Grupo Municipal vén de anunciar o rexistro dunha nova iniciativa demandando o arranxo de varios viais de titularidade municipal na parroquia. Denunciamos o deplorable estado de pistas fundamentais para a veciñanza como a que une os barrios do…

Vilalba Aberta retoma este venres en Belesar as súas xuntanzas parroquia a parroquia

Vilalba Aberta retoma esta venres súa pioneira iniciativa “Rede de Parroquias”. Aprazada a finais do pasado ano polo impacto da sexta onda da Covid, estamos a falar dunha serie de encontros “parroquia a parroquia” deseñados co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural e incorporalas, logo, á axenda política da…

Vilalba Aberta promove unha declaración institucional en apoio a transportistas, gandeiros e familias traballadoras

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta levará ao vindeiro Pleno do Concello unha proposta de declaración institucional en apoio aos sectores do transporte e agrogandeiro. O noso obxectivo é que os tres partidos con representación municipal  (PSOE, PP e VA) se unan no rotundo rexeitamento á parálise das institucións diante da insostible escalada de prezos…

Nadia Río. Moza agricultora e novo membro de Vilalba Aberta: “Hai futuro no rural para a muller”

Hai dous anos que Nadia Rio (29 anos e veciña de Carballido) apostou por emprender no rural. A pesares dos momentos baixos, asegura sentir unha “grata satisfacción” por poder quedar onde naceu e seguir co traballo dos seus avós. Hoxe, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, únese ao proxecto de Vilalba Aberta…

Vilalba Aberta propón as antigas vivendas de mestres para acoller refuxiados da guerra na Ucraína

Vilalba Aberta presentou hoxe a súa quinta iniciativa de cara Pleno Ordinario do mes de Marzo. Unha nova proposta aos grupos, que se enmarca no contexto da crise humanitaria consecuencia do conflicto na Ucraína e cuxo obxectivo é que o Concello de Vilalba “contribúa dende o limitado das súas capacidades” na acollida e protección das…