Advertimos da nosa “frontal oposición” á posibilidade dunha zona azul de pago e xestionada por unha empresa privada

A nosa reacción á posibilidade de que unha empresa privada se faga coa adxudicación da zona azul da Rúa da Pravia non se podía facer esperar. Neste senso, e a través dunha comunicación de urxencia á prensa, Vilalba Aberta manifestaba esta mañá a súas reservas diante do feito – desvelado antonte polo Alcalde – de que…

Presentamos unha batería de medidas de apoio aos agricultores co fin de paliar os danos causados polo xabaril

Logo de denunciarmos o total desamparo dos veciños/as afectados por ataques de lobo, volvemos tomar a iniciativa diante doutra das problemáticas máis estendidas nas parroquias, isto é: a derivada da explosión demográfica do xabaril. Neste senso, e a través dunha moción de urxencia, vimos de rexistrar unha batería de medidas – a debater no vindeiro…

Denunciamos a “falta de firmeza” do Alcalde coas concesionarias e alertamos da situación límite das traballadoras do SAF

Tres meses despois de traslardamos ao Pleno a vulneración dos dereitos laborais por parte da adxudicataria, vémonos na obriga de volver saír na defensa das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. De novo denunciamos o continuado incumprimento do convenio, os festivos non retribuídos e as quilometraxes á conta das traballadoras, entre outras “prácticas” totalmente asumidas…

Vilalba Aberta denuncia o “total desamparo” dos veciños afectados por ataques de lobo nas parroquias

Despois de defendermos diante o Pleno a nosa proposta de acordo, relativa á protección gandeira diante do repunte dos ataques do lobo; volvemos tomar a iniciativa ao respecto dunha das preocupacións máis estendidas entre o conxunto da veciñanza das parroquias. Unha determinación, que chega en base á nosa constante comunicación con veciños/as afectados e ao,…

Cualificamos de vergoñento o estado no que a auga da traída está a chegar ás nosas vivendas e negocios

Vilalba Aberta esixirá responsabilidades ao Concello, logo de ter constancia do deplorable estado co que a auga da traída está a chegar a determinadas rúas de Vilalba. Unha problemática que cualificamos de estrutural, pois non é esta a primeira vez que na Avenida Terra Chá, na Rúa do Muiño ou en Plácido Peña, entre outras, a…

Propoñemos reubicar na parte desocupada do Campo da Feira os postos trasladados á Praza da Constitución

Vilalba Aberta trasladará no Pleno do vindeiro xoves a súa desconformidade coa decisión que, a través da Concellería de Feiras e Mercados, pretende levar a cabo o Concello de Vilalba, relativa ao cambio de localización de ao menos unha quincena de postos da nosa Feira. Un sentir, extensivo ao dos comerciantes da Rúa do Calvario, así como…

Reivindicamos para Vilalba os ciclos formativos de Agrarias e Procesos e calidade na industria alimentaria

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar unha nova iniciativa, a defender no vindeiro Pleno Ordinario do 27 de Setembro. Trátase dunha moción, relativa á solicitude de dous novos ciclos formativos de FP para Vilalba, isto é; o curso FP de Explotacións Agrarias Extensivas e o de Procesos e calidade na industria alimentaria.…

Anunciamos o vindeiro lanzamento dun Proceso Participativo de cara á redacción do programa das Municipais

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar o lanzamento dun proceso de participación veciñal de cara a redacción do noso programa electoral para as municipais do vindeiro ano. Baixo o nome de Vilalba Decide e a través dunha novidosa ferramenta de participación online, primeiro, e en formato de votación tradicional, despois, poñeremos a disposición…

Esiximos medidas de protección diante do repunte dos ataques de lobos nas parroquias

A asemblea de Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa diante dunha das preocupacións máis estendidas entre a veciñanza das parroquias, isto é: a da problemática relativa ás cuantiosas perdas económicas que o conxunto dos gandeiros/as do Concello está a sufrir, froito do repunte dos ataques de lobos en Vilalba. Unha situación absolutamente límite dende o…