Alertamos dos vertidos no Polígono e reclamamos do Concello seriedade nos horarios do Punto Limpo

Vilalba Aberta volverá a esixir diante o Pleno unha revisión en profundidade do sistema de recollida e tratamento de residuos. Unha reivindicación, que de novo figurará na orde do día a iniciativa da nosa asemblea e que, desta volta, chega acompañada dunha proposta de regulación, a fin dunha correcta prestación do servizo de recollida por…

Denunciamos a vulneración dos dereitos laborais na adxudicataria do SAF e presentamos unha proposta de control

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario de Xullo unha proposta de control municipal, a fin da fiscalización dos servizos públicos externalizados polo Goberno do Partido Popular no Concello de Vilalba. Unha decisión de urxencia, ratificada pola nosa asemblea logo de termos coñecemento a través dunha denuncia anónima, do proceder en materia laboral da adxudicataria…

Denunciamos por terceiro ano consecutivo o sulfatado indiscriminado con Glifosato no Concello

Dende a súa aparición na primeira liña da política vilalbesa, a asemblea de Vilalba Aberta considerou sempre coma inaprazable a cuestión de facer bandeira da definitiva prohibición do uso non agrario de herbicidas con Glifosato por parte do Concello. Unha política de sulfatado, a do Goberno de Vilalba, que inclusive mereceu hai agora dous anos…

Instamos ao Concello a actuar diante das deficiencias na sinalización viaria do Polígono

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar o rexistro dunha unha nova iniciativa – a debater no Pleno Ordinario deste xoves – co obxectivo dunha solución integral ás continuadas problemáticas relativas á deficiente sinalización viaria no Polígono Industrial de Sete Pontes. Tal e como denunciamos na comunicación que hoxe remitimos á prensa, no…

Emendamos os Orzamentos pola vía dun Plan de Racionalización de Gasto a fin de reforzar emprego e medio rural

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de dar a coñecer a nosa postura perante os Orzamentos presentados polo Goberno Municipal de cara á aprobación das contas do Concello para o exercicio 2018. Neste senso, e logo de definirmos de “vergoña institucional” a falta de seriedade exhibida polo Alcalde ao fixar o debate orzamentario nun…

Urximos ao Concello á instalación dun punto de recollida de plásticos agrícolas por parroquia

Vilalba Aberta instará ao Goberno a habilitar un lugar específico para que os veciños/as das parroquias poidan depositar os residuos plásticos derivados do uso agrícola, evitando así que este tipo de materiais acaben abandonados ou en contedores que non son os máis apropiados para favorecer a reciclaxe. Unha proposta de urxencia, con vistas á súa…

Rexistramos unha petición de dimisión contra o Alcalde por mentir ao respecto da nave de Sancovade

Vilalba Aberta, en votación de urxencia da súa asemblea, aprobou por unanimidade a presentación dunha moción de reprobación contra o Alcalde, Agustín Baamonde, a fin de defendermos no vindeiro Pleno unha petición en firme de dimisión tanto ao rexedor coma ao responsable de urbanismo no Goberno de Vilalba. Unha decisión, que atopa explicación na nosa…