Presentamos unha proposta de ordenanza sobre protección, benestar e tenza responsable de animais

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de presentar a que será a segunda das nosas iniciativas de cara ao Pleno Ordinario do vindeiro xoves.  Un borrador de Ordenanza, encamiñada a protexer, defender e fiscalizar os dereitos dos animais, así como a regular os dereitos e deberes dos seus propietarios e a propia convivencia entre os animais…

Presentamos unha batería de medidas a fin dunha política agroforestal sustentable e rendible para a veciñanza

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de presentar a que será a primeira das nosas iniciativas de cara ao Pleno Ordinario do vindeiro xoves. Unha nova proposta aos grupos con representación, e que ten por obxecto a anticipación e a prevención diante do risco que, para un Concello coma Vilalba, están a supor as continuadas…

Esiximos saber o custo da reposición do busto de Fraga e defenderemos o seu traslado á Fundación

As reaccións ao anuncio de Baamonde, relativo á reposición do busto de Fraga non se fixeron esperar. E foi precisamente a nosa asemblea, e a través dunha comunicación de urxencia á prensa, a primeira en se pronunciar. Denunciamos a opacidade coa que o Goberno Municipal está a manexar todo canto ten que ver coa restauración…

Presentamos unha proposta de cobertura municipal co fin de garantir as liñas de autobús suprimidas pola Xunta

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar a nosa derradeira iniciativa, a defender no vindeiro Pleno Ordinario de Novembro. Unha decidida resposta á inacción do Goberno Municipal, logo de que Xunta de Galicia implantase, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a última fase do seu Plan de Transporte co cese na…

Esixmos a comparecencia de Baamonde logo do cambio de actividade en terreo rústico dunha empresa en Sancovade

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de solicitar con motivo de urxencia a comparecencia do Alcalde, Agustín Baamonde, logo de contrastarmos a situación de absoluta irregularidade que se deriva do cambio de actividade que sucedeu ao cese e posterior venta dos terreos e a nave sobre a que se asentaba unha antiga empresa de…

Presentamos un Plan Municipal para o desenvolvemento da agricultura ecolóxica e de proximidade

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de presentar a que será a nosa segunda iniciativa de cara ao Pleno Ordinario do vindeiro martes. Unha proposta en forma de plan de transitoriedade e que pretende desembocar na futura redacción dun máis extenso proxecto integral destinado ao fomento e desenvolvemento da agricultura ecolóxica e de proximidade,…

Facemos nosas as queixas de veciñas/os e máis de comerciantes da Rúa Plácido Peña

Interpelaremos ao Alcalde por considerarmos indignante que as/os comerciantes da zona sufran día a día as problemáticas derivadas da total ausencia de sinalización. Na mesma liña nos pronunciaremos no vindeiro Pleno, a fin dunha resposta diante das reiteradas eivas ao respecto do seu alumeado. Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar que o…